domingo, 30 de xuño de 2024

CLUB DE LECTURA DE ADULTAS/OS EN FRANCÉS (NOCTURNO)

 


O profesorado responsable deste club foron Marta Martínez Gregores e François Davo, do Departamento de Francés. Participaron 3 alumnos de 2º Bac nocturno (grupo A e C) e 1 alumna dos ciclos superiores impartidos no centro.

O calendario e horario real de reunións, presenciais ou virtuais foi o seguinte:

1ª reunión durante o mes de outubro para planificar o desenvolvemento do club.

2ª reunión despois do Nadal.

3ª reunión a principios de febreiro para facer un seguimento do club. Tomouse a decisión de cancelalo por falta de asistencia do alumnado (incompatibilidade co Bacharelato e/ou traballo).

Propúxose unha reunión semanal no recreo dos xoves, pero o alumnado soamente asistiu á primeira sesión. Decidimos cancelar o club debido á falta de asistencia (por motivos alleos ao club, como a carga de traballo en 2º Bacharelato ou traballo fóra do centro).

O título que se comezou a ler foi o do cómic Aya de Yopougon, de Marguerite Abouet (francés).

A valoración é negativa xa que foi imposible desenvolver o club de lectura. Sería interesante pensalo quizais para outros niveis como a ESA, con lecturas adaptadas e guiadas, mais resulta moi difícil xa que a maioría do alumnado non ten coñecementos de francés na ESA e parten de cero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario