luns, 6 de xullo de 2026

LIBROS E ACTIVIDADES INTERESANTES NESTE CURSO

Un curso non se pode resumir en palabras ou imaxes, mais por aquí deixamos algunhas boas lembranzas.
















OBRADOIRO DE ESTAMPACIÓN CREATIVA

Aquí podedes ver outros traballos dos obradoiros de estampación; unha mostra de fanzines adquiridos en Manchea e outros realizados nos obradoiros. Con esta actividade conxunta despedimos este curso ben proveitoso en creatividade artística!

Vémonos o próximo curso. Bo verán!






domingo, 28 de xuño de 2026

CLUBS DE LECTURA 2025-2026

 Neste curso os clubs de lectura do Eusebio foron variados e con lecturas e actividades ben diversas.

-Club de lectura de música tradicional de 1º a 3º ESO, coa profesora Dulce Fernández Graña.

-Club de lectura de escrita creativa en 1º ESO, co profesor Afonso Salgado García.

-Club de lectura en 2º ESO, coa profesora María Fernández Zas.

-Club de lectura de igualdade en 3º ESO, coas profesoras Ana Lorenzo Blanco e Sabela Prieto.

-Club de lectura de 4º ESO, coa profesora Dulce Fernández Graña.

-Club de lectura de bacharelato, coa profesora Dulce Fernández Graña.

-Club de lectura de adultas/os, co profesor François Davo.

Participaron nas seguintes actividades conxuntas.

-Acto homenaxe a Castelao o 19/12/2025, con lecturas, actuación das cantareiras e proxección do filme Antes de Nós.

-Acto homenaxe a Begoña Caamaño o 15/05/2026, con lecturas e actuación das cantareiras.

-Obradoiro de estampación na editorial Manchea. Os días 4 e 8 do mes de maio, no cal realizaron as súas propias creacións.

 

 















Medios de difusión de actividades e materiais:

-Blog do Club de Lectura Libros Abertos

https://librosabertos.blogspot.com/

-Páxina web IES P. Eusebio da Guarda

https://www.edu.xunta.gal/centros/ieseusebioguarda/

-Revista do centro, O Caramanchón 2, versión impresa e dixital

https://drive.google.com/file/d/1aogllgAyzZQL49EIs71nig_E2jIsYbPP/view?usp=drive_web


luns, 14 de xullo de 2025

DESPEDIDA E VACACIÓNS!!!

Despedimos o curso cuns agasallos ben merecidos para as e os participantes nos clubs de lectura. Vémonos de novo en setembro.

Bo verán!!!



DÍAS DA POESÍA E DO TEATRO

O alumnado dos clubs de lectura de 2º bach e 3º ESO celebrou durante o mes de marzo os días da poesía e do teatro. En 2º bach realizaron un recital a varias voces e en varios idiomas cunha escolma de poemas realizada por eles/as mesmos/as. Despois elaboraron unha exposición coas obras escollidas. 

https://www.canva.com/design/DAGi7aLVXb8/B4htTS1mSMNHuLmVEgM8CA/edit

Pola súa parte, o alumnado de 3º ESO dramatizou unha fermosa cantiga de amigo galego-portuguesa dialogada, de Martín de Padrozelos, unha conversa de reconciliación entre unha parella de namorados.

https://drive.google.com/drive/u/2/my-drive



mércores, 2 de xullo de 2025

CLUB DE LECTURA DE POESÍA ORAL E MÚSICA TRADICIONAL

 

A raíz do obradoiro de música e canto tradicional desenvolvido polo departamento de Lingua Galega e Literatura nos recreos da semana das Letras Galegas, formouse un grupo de 8 rapazas interesadas na nosa música e canto, e por propia iniciativa comezaron a reunirse baixo a coordinación da profesora Dulce Fernández Graña nos primeiros recreos dos xoves no salón de actos. Moitas delas van a clase de pandeireta e canto en Xacarandaina, e con moita alegría xúntanse para cantar, tocar, aturuxar e aprender novas coplas.

Foi pouco tempo, mais puxeron en común o seu repertorio, con xotas, maneos, muiñeiras e pasodobres, aprenderon algunha canción máis e iniciaron un proxecto de interpretación das pezas tradicionais da obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse, que terá que ser o curso vindeiro. 

Boas vacacións!!!



CORRELINGUA


                


Varios dos nosos clubs de lectura participaron no Correlingua para defender e promover o uso da lingua galega xunto a moitos outros centros educativos da bisbarra coruñesa. Aquí podemos ver algunhas das pancartas que realizaron.