mércores, 2 de xullo de 2025

CLUB DE LECTURA DE TEATRO EN 2º ESO


Co alumnado de 2º da ESO, as profesoras Cristina Conde e Sabela Prieto do departamento de Lingua Castelá e Literatura, desenvolveron un club de lectura de teatro, no que se leron fragmentos de obras teatrais de diversas épocas e estilos para achegar ao alumnado a lectura dun xeito entretido, co obxectivo de conseguir un produto final. Os textos lidos foron extraídos dos fondos da biblioteca do centro.

Durante todo o curso quedamos con dez alumnas e dous alumnos de 2º da ESO no recreo dos xoves, tempo que adicamos a ler fragmentos, improvisar situación e esceas e, finalmente, fixemos a lectura teatralizada da obra completa “El príncipe que todo lo aprendió en los libros”. A nosa idea inicial era interpretar esta obra completa para a comunidade educativa, pero será unha tarefa pendente para o seguinte curso.

Houbo un obradoiro específico de dúas horas de duración con Alba Peñasco, auxiliar de biblioteca infantil, especialista na realización de contacontos e profesora na Facultade de Educación, que deu a coñecer os diferentes xeitos de interpretar obras e contos para un público infantil.

A valoración do club de lectura foi moi positiva e queda constancia de que tanto o alumnado como as familias opinan o mesmo. Estas lecturas compartidas conseguen que se aprenda moito as unhas das outras e permiten tocar temas fundamentais na adolescencia. As reunións realizadas este ano foron un éxito, polo que o vindeiro curso seguirá o traballo e tratarase de compartir coa comunidade educativa a obra teatral preparada.

No mes de xuño, durante a última semana de clases, o estudantado do club de lectura acudiu a unha actividade complementaria na Sede Afundación para participar na experiencia inmersiva de realidade mixta Hábitats. Natureza estendida.



Ningún comentario:

Publicar un comentario