domingo, 30 de xuño de 2024

CLUB DE BACHARELATO: SENLLEIRAS, CINZA E UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR

Coordinado pola profesora Dulce Fernández Graña, este club contou coa participación de varios grupos: 2 alumnas/os de 1bach con sesións semanais na biblioteca de setembro a xuño, no 2º recreo do luns, realizaron as seguintes lecturas:

-Senlleiras, de Antía Yáñez, Galaxia (galego).

-Cinza, de Xavier Alcalá, ed. (galego).

-Un elefante na sala de estar, de Berta Dávila (galego).

Este grupo asistiu regularmente ás sesións, mostrando moito interese e bo hábito lector. Comentáronse as obras a medida que se ían lendo, relacionando as lecturas coa vida actual e fomentando unha postura crítica de cara á valoración final de cada unha delas. Moi boa actitude.

Por outra banda o alumnado de 2º bach repartiuse en dous grupos, un de 3 alumnas/os e outro de 12. Realizaron as seguintes lecturas e actividades comúns:

-Lectura de poemas variados escollidos por cada un/ha dos fondos da biblioteca (galego, castelán) para a elaboración dun pódcast común polo Día da Poesía.

-Recital poético en soporte pódcast con motivo do Día da Poesía.

-Entrevista ao poeta François Davo con motivo do Día da Poesía, en forma de pódcast.

-Elaboración de reseñas críticas sobre as obras de teatro de Luísa Villalta Concerto dun home só e O paseo das esfinxes.

-Excursión a Betanzos co club de lectura do CPI Virxe da Cela de Monfero. Roteiro Betanzos en feminino, visita ao CIEC e á libraría Biblos.


A valoración é moi positiva, pois o alumnado puxo moito interese tanto nas lecturas realizadas como nas actividades levadas a cabo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario