domingo, 30 de xuño de 2024

CLUB DE 1º ESO, O GUSTO POLA MITOLOXÍA

O club de lectura de 1º ESO estivo coordinado pola profesora de Lingua Castelá e Literatura Laura Pérez Valcárcel. Dúas alumnas e un alumno de 1º ESO acudiron ás reunións semanais na biblioteca os luns no recreo das 10:10 sen faltar nunca. Leváronse a cabo as seguintes lecturas:

- A balada dos unicornios, de Ledicia Costas (galego).

- Sirenas y otros monstruos: mujeres mitológicas que desafían el poder masculino, de Jess Zimmermann (castelán).

- Las hermanas invierno, de Jolan C. Bertrand (castelán).

Ademais, leuse unha selección de textos da mitoloxía clásica. Durante as sesións lemos en voz alta, comentamos as obras realizando unha análise e reflexión sobre as lecturas, coa posta en común das opinións e impresións.

Así mesmo, participamos no Maratón Literario Rosalía de Castro realizado no centro o día 24 de febreiro cunha mostra das nosas lecturas.

A valoración final é moi positiva: o alumnado está moi implicado e ten bo hábito lector.






Ningún comentario:

Publicar un comentario