Despedimos o curso cuns agasallos ben merecidos para as e os participantes nos clubs de lectura. Vémonos de novo en setembro.
Bo verán!!!
Despedimos o curso cuns agasallos ben merecidos para as e os participantes nos clubs de lectura. Vémonos de novo en setembro.
Bo verán!!!
O alumnado dos clubs de lectura de 2º bach e 3º ESO celebrou durante o mes de marzo os días da poesía e do teatro. En 2º bach realizaron un recital a varias voces e en varios idiomas cunha escolma de poemas realizada por eles/as mesmos/as. Despois elaboraron unha exposición coas obras escollidas.
https://www.canva.com/design/DAGi7aLVXb8/B4htTS1mSMNHuLmVEgM8CA/edit
Pola súa parte, o alumnado de 3º ESO dramatizou unha fermosa cantiga de amigo galego-portuguesa dialogada, de Martín de Padrozelos, unha conversa de reconciliación entre unha parella de namorados.
https://drive.google.com/drive/u/2/my-drive
A raíz do obradoiro de música e canto tradicional desenvolvido polo departamento de Lingua Galega e Literatura nos recreos da semana das Letras Galegas, formouse un grupo de 8 rapazas interesadas na nosa música e canto, e por propia iniciativa comezaron a reunirse baixo a coordinación da profesora Dulce Fernández Graña nos primeiros recreos dos xoves no salón de actos. Moitas delas van a clase de pandeireta e canto en Xacarandaina, e con moita alegría xúntanse para cantar, tocar, aturuxar e aprender novas coplas.
Foi pouco tempo, mais puxeron en común o seu repertorio, con xotas, maneos, muiñeiras e pasodobres, aprenderon algunha canción máis e iniciaron un proxecto de interpretación das pezas tradicionais da obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse, que terá que ser o curso vindeiro.
Boas vacacións!!!
O club de lectura de 3º ESO E colaborou na biblioteca no programa Bibliotecas Solidarias. Aprenderon moito sobre a biblioteca e tiveron a oportunidade de presentala ao alumnado do IES Monte das Moas que nos veu visitar.
En canto á xestión e dinamización da biblioteca, procedeuse á ordenación dos volumes nos andeis, a mellorar a distribución da sección de Banda Deseñada e a organizar unha exposición de materiais bio-bibliográficos sobre Johán Vicente Viqueira, que fora profesor do noso instituto, con motivo do seu centenario.
Un estupendo recoñecemento para rematar o curso!
Con alumnado de 3º da ESO, as profesoras Cristina Conde e Sabela Prieto do departamento de Lingua Castelá e Literatura, levaron a cabo un obradoiro de contacontos no que achegaron o alumnado ás técnicas da narración oral, á arte dos contacontos e ás súas posibilidades, para achegar ao alumnado a lectura dun xeito entretido, co obxectivo de conseguir un produto final. Os textos lidos foron materiais do fondo da biblioteca do centro.
Xuntouse un grupo de doce alumnas no recreo dos martes e leron contos, tanto clásicos como modernos, reflexionaron sobre a ensinanza dos mesmos e fixemos lecturas teatralizadas.
Como se fixo nos dous cursos anteriores, a idea era levar os contos preparados aos colexios da contorna pero, por motivos alleos á nosa vontade este curso non puidemos facelo. Este produto final queda pendente para o seguinte curso escolar.
Houbo un obradoiro específico de dúas horas de duración con Alba Peñasco, auxiliar de biblioteca infantil, especialista na realización de contacontos e profesora na Facultade de Educación, que deu a coñecer os diferentes xeitos de interpretar obras e contos para un público infantil.
A valoración do club de lectura foi moi positiva e queda constancia de que tanto o alumnado como as familias opinan o mesmo. Estas lecturas compartidas conseguen que se aprenda moito as unhas das outras e permiten tocar temas fundamentais na adolescencia. As reunións realizadas este ano foron un éxito, polo que o vindeiro curso seguirá o traballo e tratarase de compartir coa comunidade educativa os contos traballados.
No mes de xuño, durante a última semana de clases, o estudantado do club de lectura acudiu a unha actividade complementaria na Sede Afundación para participar na experiencia inmersiva de realidade mixta Hábitats. Natureza estendida.
Co alumnado de 2º da ESO, as profesoras Cristina Conde e Sabela Prieto do departamento de Lingua Castelá e Literatura, desenvolveron un club de lectura de teatro, no que se leron fragmentos de obras teatrais de diversas épocas e estilos para achegar ao alumnado a lectura dun xeito entretido, co obxectivo de conseguir un produto final. Os textos lidos foron extraídos dos fondos da biblioteca do centro.
Durante todo o curso quedamos con dez alumnas e dous alumnos de 2º da ESO no recreo dos xoves, tempo que adicamos a ler fragmentos, improvisar situación e esceas e, finalmente, fixemos a lectura teatralizada da obra completa “El príncipe que todo lo aprendió en los libros”. A nosa idea inicial era interpretar esta obra completa para a comunidade educativa, pero será unha tarefa pendente para o seguinte curso.
Houbo un obradoiro específico de dúas horas de duración con Alba Peñasco, auxiliar de biblioteca infantil, especialista na realización de contacontos e profesora na Facultade de Educación, que deu a coñecer os diferentes xeitos de interpretar obras e contos para un público infantil.
A valoración do club de lectura foi moi positiva e queda constancia de que tanto o alumnado como as familias opinan o mesmo. Estas lecturas compartidas conseguen que se aprenda moito as unhas das outras e permiten tocar temas fundamentais na adolescencia. As reunións realizadas este ano foron un éxito, polo que o vindeiro curso seguirá o traballo e tratarase de compartir coa comunidade educativa a obra teatral preparada.
No mes de xuño, durante a última semana de clases, o estudantado do club de lectura acudiu a unha actividade complementaria na Sede Afundación para participar na experiencia inmersiva de realidade mixta Hábitats. Natureza estendida.
-Profesorado responsable François Davo. Apoio: Auxiliar de conversa de lingua inglesa (Jenna...).
-Número de participantes e nivel educativo. 5 participantes habituais, 3º ESO.
-Calendario e horario real de reunións, presenciais ou virtuais. Cada semana, segundo recreos do xoves (12:10-12:30), na sala anexa á Biblioteca.
-Descrición das actividades desenvolvidas:
Lecturas de poemarios, intercambios sobre as lecturas.
Escrita creativa: experiencias individuais e colectivas, usando técnicas e xogos variados (collages, borrados, cadaveres exquisitos, haikus, etc.).
-Títulos lidos ao longo do curso:
Julia Abalde La ilusión, edición da autora (impresión Manchea/A.lenta). En castelán.
Ana Boquete López Anatomía emocional dun naufraxio (premio de poesía Xuventude Crea 20218) A.lenta editora. En galego.
Raquel Salas Rivera While they sleep, Birds LLC (EEUU) en bilingüe Castelán/inglés.
Selección de poemas de Claudia González Caparrós Te miro como quien mira a un deshielo. La Bella Varsovia, Anagrama. En castelán.
-Materiais elaborados:
Ao longo das sesións: varios tipos de poemas individuais e colectivos: collages de textos, "cadáveres esquisitos", one-line-poems, haikus, "cavardiages".
Elaboración final dun mini-libro, fotocopiado e grapado, antoloxía dun texto de cada participante e ilustrado por unhas alumnas do club. Un exemplar para cada persoa.
-Consideracións finais (valoración, posibles melloras, proxectos de futuro).
Valoración positiva: observamos unha dinámica motivadora, cunha participación regular de participantes asiduas. Ambiente lúdico e creativo.
Apertura ao traballo pluridisciplinar coa inclusión da ilustración .
Mostra de exemplares e consellos sobre a cultura do fanzines, da auto-edicion do libro ilustrado.
Publicación dun poema dunha alumna do club na revista do IES, O Caramanchón.
Posibles melloras: comezar xa en Outubro. Invitar actores da autoedición da nosa cidade.
Proxectos de futuro: propoñer o mesmo club para o curso 2025-2026 con vista a crear outro libro. Visitar unha editorial-imprenta local (Barrio de Monte Alto).
A responsable deste club foi María Fernández Zas, profesora do Departamento de Lingua Galega e Literatura.
-Alumnado participante:
Isabel Méndez Rodríguez (1ºESO A)
Luz Fraga Estrada (1ºESO B)
Ana Galán Pérez (1ºESO B)
Iria Sabín Lamas (1ºESO B)
Lola Tuñas Roco (1ºESO B)
Julia García Tuset (1ºESO C)
María García Tuset (1ºESO C)
Lara Pérez Francisco (1ºESO C)
Sara Paradela Hermida (1ºESO D)
-Calendario e horario real de reunións, presenciais ou virtuais.
As reunións foron presenciais e desenvolvéronse todos os luns durante o primeiro recreo na biblioteca do instituto, isto é de 10:10h a 10:30h. No terceiro trimestre, dado que estabamos a dramatizar Os vellos non deben de namorarse, o número de reunións aumentou a 3 durante varias semanas, tendo lugar os luns de 10:10h a 10:30h e os mércores e xoves de 12:10h a 12:30h.
-Descrición das actividades desenvolvidas e xustificación das non desenvolvidas.
Desde o primeiro momento, tivéronse en conta os gustos e as preferencias lectoras do alumnado, que foi o encargado de escoller sempre as obras lidas ao longo do curso, coa supervisión da docente para garantir que fosen apropiadas e accesíbeis para o nivel de 1º ESO. Nas reunións semanais desenvolvemos debates semidirixidos pola profesora para comentarmos os capítulos que foran encomendados a semana anterior ou, no caso d’Os vellos non deben de namorarse, para lermos e dramatizarmos os lances.
No mes de xuño, durante a última semana de clases, o estudantado do club de lectura acudiu a unha actividade complementaria na Sede Afundación para participar na experiencia inmersiva de realidade mixta Hábitats. Natureza estendida.
-Títulos lidos ao longo do curso, especificando a lingua en que foron lidos (título, autoría, editorial).
O misterio de Portomarín. Antía Yáñez. Editorial Galaxia. Lingua galega.
Harry Potter e a pedra filosofal. J.K. Rowling (tradución de Marilar Aleixandre). Editorial Galaxia. Lingua Galega.
O que sei do silencio. Andrea Maceiras. Editorial Xerais. Lingua Galega.
Sherlock Holmes, detective. Arthur Conan Doyle (tradución de Gonzalo Navaza). Editorial Xerais. Lingua Galega.
Os vellos non deben de namorarse (lances I e III). Castelao. Editorial Galaxia. Lingua Galega.
-Materiais elaborados (se os houbese).
Non se elaboraron materiais propios.
-Consideracións finais (valoración, posibles melloras, proxectos de futuro).
A valoración global é moi positiva, pois as estudantes que acudiron con regularidade ás reunións gozan da lectura e mostráronse moi participativas. Non obstante, un número reducido delas adoitaba vir sen ler os capítulos encomendados, polo que se limitaba a escoitar, mais non participaba activamente.
Considero que tamén foi moi beneficioso que os libros estivesen en galego, pois o alumnado está afeito a ler en castelán, mais non tanto nestoutra lingua.
Con vistas ao próximo curso, todas as alumnas manifestaron a súa intención de continuaren no club de lectura, xa que acho que, tanto para elas como para min, foi unha experiencia enriquecedora e positiva.
O profesor responsable deste club foi Manuel Varela Domínguez, do Departamento de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Medioambientais.
Neste curso 2024-2025 participaron, no club de lectura de ciencias 8 alumnos e alumnas do centro, 7 de 3º da ESO e 1 de 2º da ESO e as actividades realizadas durante o curso foron as seguintes:
Lectura de A viaxe da evolución de Vicente Múñoz Puelles editorial Anaya, que conta a vida de Charles Darwin centrada particularmente na viaxe ao bordo do HMS Beagle que este naturalista realizou ao longo do mundo e no que iría acumulando evidencias e conocimientos que cambiarían a súa forma de entender a bioloxía e desembocaría na ídea da selección natural e na teoría da evolución.
Cada lector tiña un caderno propio para realizar redaccións curtas baseadas en contidos das lecturas que se misturan con experiencias propias, propósitos ou expectativas.
Tamén se repartiron algúns libros que levou o alumnado para que lera en casa e devolvera ao remate da lectura. Desta lectura faría un comentario e unha exposición.
Horario:
Xoves no 2º recreo (12:10-12:30). Laboratorio de ciencias.
Calendario:
Comezouse en Decembro e rematou en Maio.
A valoración do club foi moi positiva.
No club de lectura de 3º ESO E estamos namorándonos de Alba Rozas. Uns len un, outros/as len o outro. A verdade é que estas lecturas fantásticas teñen o poder de enganchar ao lector/a ata o punto de non poder deixar de ler ata que se acaba o libro.
Este curso, despois de moito pedir por el, púxose en marcha desde hai varias semanas o club de lectura de poesía, cunha importante novidade: é poesía plurilingüe, pois vai da man do profesor de Francés François Davo e da profesora asistente de Inglés, Jenna. Está sendo todo un éxito!
No club de lectura de ciencias este ano están a ler El viaje de la evolución no segundo recreo dos xoves co profesor Manuel Varela Domínguez. Tes curiosidade por saber máis sobre este interesante tema? Apúntate!
Os clubs de contacontos en 3º ESO e teatro en 2º ESO levan tempo traballando, da man das profesoras Sabela Prieto e Cristina Conde. As historias e o espectáculo nunca pasan de moda!
O luns 24 de febreiro de 2025 o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda celebrou o seu tradicional Maratón de lectura no Día de Rosalía. É unha actividade que ten como finalidade fomentar a lectura oral entre a comunidade educativa do centro; alumnado, profesorado, familias e persoal non docente, poden colaborar ao longo de todo o día.
Asemade, é un maratón solidario porque os/as lectores/as poden entregar unha cantidade voluntaria que será doada á Cociña Económica, que actualmente atravesa serias dificultades para levar adiante o seu indispensable labor social.
O Maratón solidario de lectura vénse facendo desde 2014 arredor da data de nacemento de Rosalía de Castro, polo que este ano celebramos a XI edición do mesmo. Ao longo da xornada, tanto de mañá como de tarde-noite, e mesmo ao mediodía, alumnado de todos os niveis asistiu ao salón de actos acompañado polo seu profesorado para ler textos, recitar poemas, interpretar anacos teatrais, ler achegas científicas, o que se quixo e no idioma que se desexou. O importante é facelo con interese e ilusión, lendo en grupo ou individualmente, acompañados de música, baile, canto, explorando as mil e unha posibilidades que a lectura nos ofrece e que Rosalía nos transmitiu nos primeiros versos dos seus Cantares gallegos:
“Has de cantar, meniña gaiteira,
has de cantar que me morro de pena!”
A nosa Rosalía ben o sabía, a lectura e o canto alegran o espírito e abren a porta a unha infinidade de mundos por descubrir. Por iso, neste ano 2025 en que homenaxeamos polas Letras Galegas as cantareiras e o noso cancioneiro oral popular, esa obra, Cantares gallegos, cobra aínda máis importancia como referente cultural para nós, galegas e galegos, que lemos e cantamos para sermos máis felices, e levamos facéndoo desde as cantigas medievais aos días de hoxe. Galiza canta con voz de muller.
Por iso animamos a toda a comunidade educativa a participar preferentemente en galego nesta actividade, pois xa que estamos no ano Castelao, outro xenio da nosa cultura, lembremos que, nas súas palabras,
“Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”.
Todas as fotos na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ieseusebioguarda/node/2044
Coordinación dos Clubs de Lectura
Vicedirección do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
Roxín Roxal, a daga do conde, é o libro que lemos ultimamente no club de 3º ESO E. Trata dunha lenda relacionada coa casa dos Andrade, señores de Pontedeume e Betanzos, na zona das fragas do Eume.
O escudeiro Roxín Roxal, ao servizo dos condes de Andrade, estará encargado da seguridade da filla do Conde, mais un tráxico episodio que ten lugar na Ponte do Porco faino sospeitoso aos ollos do conde. Finalmente a verdade sairá á luz e Roxín Roxal, o escudeiro fino de corpo, roxo e sorrinte, quedará limpo de toda culpa, mais xa estará lonxe do castelo dos Andrade.
Gustoumos especialmente o trazo e a cor dos debuxos, ademais da historia, sinxela e cun punto de misterio. Coa escena final, Manel Cráneo e Brais Fierro deixan aberta a posibilidade dunha secuela, que esperemos que sexa axiña publicada.