xoves, 15 de outubro de 2015

Clube de lectura do IES Afonso X o Sabio

Benvid@s ao blogue do noso clube de lectura acabado de estrear.

O obxectivo é que os rapaces e rapazas do noso instituto que desfruten coa lectura en galego descubran novas propostas alén dos libros de lectura suxeridos polo Departamento. Por iso prestaremos atención aos xéneros e escritores máis desatendidos, como a banda deseñada, o teatro, a canción (que non deixa de ser poema por levar música!) e o que nos propoñades e se nos vaia ocorrendo. Por suposto, tamén contaremos coas obras de escritor@s xa coñecid@s e logo veremos se nos queren facer unha visita.

Normalmente a quen lle presta ler, préstalle tamén transmitir o que le, por iso estamos dándolle voltas a unha actividade intercentros: irlles ler aos máis pequenos. Aínda non temos definido nin o colexio nin a selección literaria, mais entre todos de certo que o daremos artellado. Acéptanse suxestións!

Polo momento, déixovos unha banda deseñada para que vaiades vendo.

 Resultado de imaxes para a mansión dos pampin

A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado