xoves, 12 de xaneiro de 2023

Visitamos a Biblioteca Infantil e Xuvenil

O Club de lectura foi convidado a visitar a Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, e alá fomos! Os clubs de 1º e 2º ESO foron o 19 de decembro acompañados das profesoras Eva Fernández e Belén Sotelo, mentres que os de 3º, 4º ESO e Bacharelato foron o 9 de xaneiro acompañados das profesoras María José Barreiro e Dulce Fernández.

 As bibliotecarias Beti e Lorena recibíronnos con moito agarimo e ilusión, facéndonos sentir como na casa. Presentáronnos a biblioteca, explicáronnos como está organizada, as múltiplas actividades que fan, animándonos a participar nelas, así como no seu club de lectura xuvenil. Realizamos buscas no catálogo Cascarilleiro e participamos por grupos recomendando un libro que seleccionamos entre varios, argumentando a razón da nosa escolla. Foise o tempo sen sentir! Agora tócanos a nós recibir a visita do seu club de lectura. Xa o estamos desexando!