luns, 4 de xuño de 2018

Lendo c@s pequerrech@s

O alumnado de 1º ESO do clube de lectura saíu do instituto o xoves 24 de maio mais non foi moi lonxe; a menos de 50 metros paramos na Galiña Azul, a galescola da Barcala e alí desfrutamos dun bo anaco cos nenos e nenas léndolles contos como Amelia quere un can ou presentándolles os personaxes de Peixes, de María Canosa. Fixemos tamén escenas de teatro, e cantamos cancións como a dos números, de María Fumaça. Pasámolo tan ben que xa nos tarda volver!