domingo, 30 de xuño de 2024

CONTACONTOS NOS COLEXIOS DE PRIMARIA DO CLUB DE LECTURA DE 2º ESO





No Club de Lectura de 2º da ESO participaron oito alumnas, coordinadas pola profesora Sabela Prieto González. As reunións realizáronse nos recreos dos xoves, aínda que, de xeito excepcional, empregamos outros tempos de lecer para preparar certas actividades.

Na primeira avaliación lemos a colección Heartstopper, que conta con cinco tomos de novela gráfica, e tamén lemos as súas secuelas (en castelán).

Na segunda avaliación lemos e compartimos O diario vermello de Carlota, que fala da sexualidade, O diario azul de Carlota, centrado na violencia de xénero, e O diario violeta de Carlota, que nos introduce no feminismo (en galego). Cada unha de nós lía un dos diarios e nas reunións compartiamos o que iamos aprendendo. Ás veces tamén levamos fragmentos que nos chamaran a atención para comentalos entre todas.

Na terceira avaliación lemos dúas obras elixidas pensando no encontro que tivemos co club de lectura de Monfero: No corazón do bosque e O segredo de Al Eume (en galego).

Ao longo do curso realizáronse contacontos en varios CEIP, Franciscanos, Labaca, Concepción Arenal e Eusebio da Guarda. Elaboraron os monicreques e o vestiario necesario para representar e dramatizar os seguintes textos seleccionados dos fondos da biblioteca:

-Os chibos chibóns (galego)

-Orellas de bolboreta (galego)

-A cebra Camila (galego)

-Cerca (galego)

-Once damas atrevidas (castelán)

-Caperucita, de Roahl Dahl (castelán)

-Ricitos de oro, de Roahl Dahl (castelán)

Elaboraron uns marcapáxinas para agasallar ao alumnado do club de lectura de Monfero no encontro en Betanzos.

A valoración do club de lectura foi moi positiva e teño constancia de que tanto o alumnado como as familias opinan o mesmo. Estas lecturas compartidas conseguen que aprendamos moito as unhas das outras e permítennos tocar temas fundamentais na adolescencia. As actividades realizadas este ano foron un éxito, e gustaríame que tivesen continuidade o próximo curso.






Ningún comentario:

Publicar un comentario