No club de lectura de 3º e 4º gustoulles moito a novela; destacan a boa caracterización dos personaxes, o seu realismo e a evolución dos seus pensamentos, así como a angustia e a impotencia para saír da situación de opresión en que se encontran.
Esta banda deseñada ofrécenos unha visión diferente dunha época non tan afastada no tempo: a primeira posguerra. Coa 2ª guerra mundial de fondo, as minas galegas de wolframio vólvense imprescindíbeis para a fabricación de armamento. Franco e Hitler colaborarán estreitamente para tirar proveiro delas.
O Diario violeta de Carlota é unha novela que trata de como Carlota, unha rapaza adolescente, se implica na loita contra o machismo na sociedade e sobre todo na súa contorna máis próxima, a familia e o instituto.
Nos clubs de lectura de letras estamos tratando textos relacionados con dúas liñas temáticas:
-Literatura e historia da Coruña e Galiza.
-Contra toda discrtiminación.
As lecturas que estamos vendo están resultando de moito interese, desde o cómic ata a novela. Velaquí tedes unha mostra. A nosa intención é realizar unha constelación literaria arredor de cada temática e de cara ao próximo trimestre unha visita guiada polos lugares relacionados coas lecturas realizadas.