mércores, 26 de xaneiro de 2022

Contra a violencia machista: O inferno de Marta

 


Marta inicia ilusionada unha relación amorosa que se vai volvendo cada vez máis tóxica.

No club de lectura de 3º e 4º gustoulles moito a novela; destacan a boa caracterización dos personaxes, o seu realismo e a evolución dos seus pensamentos, así como a angustia e a impotencia para saír da situación de opresión en que se encontran.

Historia de Galiza: Wolfram

 


Esta banda deseñada ofrécenos unha visión diferente dunha época non tan afastada no tempo: a primeira posguerra. Coa 2ª guerra mundial de fondo, as minas galegas de wolframio vólvense imprescindíbeis para a fabricación de armamento. Franco e Hitler colaborarán estreitamente para tirar proveiro delas. 

A historia da Coruña: Veleno de tinta impresa e Pequena historia da Coruña

 


Veleno de tinta impresa, de Xosé A. Neira Cruz é unha novela curta ambientada na Coruña de comezos do século XX. Narra como foron os inicios da prensa escrita na cidade desde o punto de vista da protagonista, unha moza que ten a intención de dedicarse, contra vento e marea, ao xornalismo.

Contra o machismo: O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas

O Diario violeta de Carlota é unha novela que trata de como Carlota, unha rapaza adolescente, se implica na loita contra o machismo na sociedade e sobre todo na súa contorna máis próxima, a familia e o instituto.




Novo curso, novas lecturas

 Nos clubs de lectura de letras estamos tratando textos relacionados con dúas liñas temáticas:

    -Literatura e historia da Coruña e Galiza.

    -Contra toda discrtiminación.

As lecturas que estamos vendo están resultando de moito interese, desde o cómic ata a novela. Velaquí tedes unha mostra. A nosa intención é realizar unha constelación literaria arredor de cada temática e de cara ao próximo trimestre unha visita guiada polos lugares relacionados coas lecturas realizadas.








mércores, 19 de xaneiro de 2022

Nova xeira dos clubs de lectura Libros abertos no Eusebio

Libros abertos abre de novo as súas portas, e como non, as súas páxinas, a quen estea dispost@ a gozar coas lecturas compartidas.

Este curso temos varios clubs diferentes:

-Club de lectura de letras en 1º e 2º ESO coa profesora Dulce Fernández. 
-Club de lectura de ciencias en 1º e 2º ESO co profesor Manuel Varela.
-Club de lectura de Francés en 2º ESO coa profesora María José Barreiros.
-Club de lectura de letras en 3º e 4º ESO coa profesora Dulce Fernández.
-Club de lectura de ciencias en 3º e 4º ESO co profesor Manuel Varela.
-Club de lectura de letras en 1º e 2º Bach coa profesora Dulce Fernández.

Moita variedade de lecturas, de temáticas e tamén de alumnado. 

O punto de partida non pode ser máis gratificante, moitas grazas por participardes.

Vémonos na biblio!