Entre as BDs galegas, Os lobos de Moeche, de Manel Cráneo é un interesante retrato gráfico sobre as revoltas irmandiñas na Galiza dos séculos XIV-XV.
Tamén imos completando a colección do noso veciño Miguelanxo Prado con novos (e algúns vellos) títulos, como o xa mítico Trazo de xiz, De profundis ou Ardalén, da serie mariña do ilustrados, auténticas xoias poéticas e visuais.
E tamén dispomos de estupendas traducións sobre temas de preocupante actualidade, como se pode ver en Palestina, Persépole, Maus ou Os cinco narradores de Bagdad.
E por último temos tamén dúas obras de Paco Roca de moita altura humana, historias cheas de sentimento e empatía, para comprender mellor a problemática de quen nos rodea, María e mais eu e Engurras.
É a vosa quenda, membros do clube de lectura en galego Libros Abertos. As opinións sobre os libros son benvidas, xa sabedes que podedes comentar libremente sobre calquera deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario