A responsable deste club foi María
Fernández Zas, profesora do Departamento de Lingua Galega e Literatura.
-Alumnado
participante:
Isabel Méndez Rodríguez (1ºESO
A)
Luz Fraga Estrada (1ºESO B)
Ana Galán Pérez (1ºESO B)
Iria Sabín Lamas (1ºESO B)
Lola Tuñas Roco (1ºESO B)
Julia García Tuset (1ºESO C)
María García Tuset (1ºESO C)
Lara Pérez Francisco (1ºESO C)
Sara Paradela Hermida (1ºESO D)
-Calendario
e horario real de reunións, presenciais ou virtuais.
As
reunións foron presenciais e desenvolvéronse todos os luns durante
o primeiro recreo na biblioteca do instituto, isto é de 10:10h a
10:30h. No terceiro trimestre, dado que estabamos a dramatizar Os
vellos non deben de namorarse,
o número de reunións aumentou a 3 durante varias semanas, tendo
lugar os luns de 10:10h a 10:30h e os mércores e xoves de 12:10h a
12:30h.
-Descrición
das actividades desenvolvidas e xustificación das non desenvolvidas.
Desde o primeiro momento,
tivéronse en conta os gustos e as preferencias lectoras do alumnado,
que foi o encargado de escoller sempre as obras lidas ao longo do
curso, coa supervisión da docente para garantir que fosen apropiadas
e accesíbeis para o nivel de 1º ESO. Nas reunións semanais
desenvolvemos debates semidirixidos pola profesora para comentarmos
os capítulos que foran encomendados a semana anterior ou, no caso
d’Os vellos non deben de namorarse, para lermos e
dramatizarmos os lances.
No mes de xuño, durante a última
semana de clases, o estudantado do club de lectura acudiu a unha
actividade complementaria na Sede Afundación para participar na
experiencia inmersiva de realidade mixta Hábitats. Natureza
estendida.
-Títulos
lidos ao longo do curso, especificando a lingua en que foron lidos
(título, autoría, editorial).
O misterio de Portomarín.
Antía Yáñez. Editorial Galaxia. Lingua galega.
Harry Potter e a pedra
filosofal. J.K. Rowling (tradución de Marilar Aleixandre).
Editorial Galaxia. Lingua Galega.
O que sei do silencio.
Andrea Maceiras. Editorial Xerais. Lingua Galega.
Sherlock Holmes, detective.
Arthur Conan Doyle (tradución de Gonzalo Navaza). Editorial Xerais.
Lingua Galega.
Os vellos non deben de
namorarse (lances I e III). Castelao. Editorial Galaxia. Lingua
Galega.
-Materiais
elaborados (se os houbese).
Non
se elaboraron materiais propios.
-Consideracións
finais (valoración, posibles melloras, proxectos de futuro).
A valoración global é moi
positiva, pois as estudantes que acudiron con regularidade ás
reunións gozan da lectura e mostráronse moi participativas. Non
obstante, un número reducido delas adoitaba vir sen ler os capítulos
encomendados, polo que se limitaba a escoitar, mais non participaba
activamente.
Considero que tamén foi moi
beneficioso que os libros estivesen en galego, pois o alumnado está
afeito a ler en castelán, mais non tanto nestoutra lingua.
Con vistas ao próximo curso,
todas as alumnas manifestaron a súa intención de continuaren no
club de lectura, xa que acho que, tanto para elas como para min, foi
unha experiencia enriquecedora e positiva.