Este ano escoitamos cancións da chamada Chanson française para traballar a poesía, utilizando recursos audiovisuais e libros existentes na biblioteca ou no departamento de Francés. Gustounos moito “J’aime Paris au mois de mai” de Charles Aznavour (1965). Escoitamos a versión máis recente e cantada polo propio Aznavour e a cantante Zaz. Tamén nos gustou “La complainte de la butte” (1955). Compúxoa Jean Renoir para a película French Cancan. Nós escoitamos a versión de Zaz de 2014.
En novela, lemos fragmentos de Comme un roman, de Daniel Pennac, e Le petit prince, de Antoine de Saint Exupery, e dentro do xénero dramático, seguimos ensaiando a obra La tulipe noire, para dar forma á nosa versión teatral que prometemos estrear o próximo curso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario