O luns 13 de xuño tivemos a oportunidade de pasar a tarde aprendendo a encadernar e elaborando un caderno propio con diversas técnicas xaponesas. Tono Galán e Laura Sánchez da editorial Manchea foron guiándonos paso a paso nun obradoiro moi produtivo, e despois de hora e media de traballo quedáronnos uns cadernos superchulos de elaboración artesanal e artística.
Moitas grazas Manchea, para o curso que vén repetimos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario