Cos clubs de lectura de 2º, 3º e 4º ESO e 1º e 2º de BACH estamos a traballar na elaboración da segunda constelación literaria, Xemelgos... ou xemelgas? formada por libros contra a discriminación. Polo momento vai indo ben, pouquiño a pouco.
E xa está rematada. Recóllense nela os libros que fomos lendo arredor da temática contra a discriminación, tanto de xénero como social (Senlleiras, Maxina, Persépole, O diario violeta de Carlota, Os nenos da varíola, As malas mulleres, Denébola a Roxa, O libro do mal amor, A cabeza de Medusa, O inferno de Marta, Masculino singular, Pequena historia da Coruña...). Quedounos moi chula e aprendimos moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario