luns, 25 de abril de 2016

"Os soños fóra da gaiola"

Por fin, moi pertiño do día do libro, o venres 22 de abril realizamos a nosa actividade de animación á lectura para os máis pequenos. Os compoñentes do clube de lectura "Libros abertos", despois de documentarnos sobre a obra de Manuel María (a quen se lle dedican as Letras Galegas este ano 2016), e de realizar diversos traballos plásticos de representación de poemas, fomos ao CEIP Torrente Ballester onde celebramos unha superxuntanza lectora co alumnado de Educación Infantil, de 3, 4 e 5 anos.

Comezamos presentando brevemente a biografía de Manuel María para centrarnos deseguido no poemario Os soños na gaiola. A continuación, os alumnos e alumnas presentaron os seus murais cos poemas do libro aos nenos e nenas, que se mostraron moi interesados e felices.

Despois elaboramos unhas máscaras de vaca mentres o alumnado de 1º ESO recitaba e cantaba poemas do autor. Rematamos o acto aprendendo entre todos o retrouso da canción "A vaca" en lingua de signos e cantándoa todos xuntos ao son da música de Canta o cuco, precioso librodisco dos imparables Uxía Senlle e Magín Blanco.

Resultou unha actividade preciosa e chea de alegría e bo entendemento; pasámolo en grande, todos porque a lectura nos une, por riba das diferenzas de idade ou intereses.

Repetiremos!




















10 comentarios:

  1. Foi increible, pasamolo moi ben e os nenos foron moi participativos.

    ResponderEliminar
  2. Foi moi gratificante o feito de traballar cos nenos pequenos,e nos tamen aprendemos un pouquiño mais de Manuel María

    ResponderEliminar
  3. Foi moi gratificante o feito de traballar cos nenos pequenos,e nos tamen aprendemos un pouquiño mais de Manuel María

    ResponderEliminar
  4. Foi unha experiencia totalmente nova para min. Sentinme mestra durante un ratiño. Gustoume moito o feito de facer cousas con nenos, e saber que o que estás facendo lles gusta. Volvería facelo sen dúbida!

    ResponderEliminar
  5. Persoalmente pareceume unha actividade moi interesante e divertida xa que puidemos interactuar cos nenos pequenos e ensinarlles un pouco sobre Manuel María e a súa vez pasalo ven cantando e facendo caretas,etc.

    ResponderEliminar
  6. Persoalmente pareceume unha actividade moi interesante e divertida xa que puidemos interactuar cos nenos pequenos e ensinarlles un pouco sobre Manuel María e a súa vez pasalo ven cantando e facendo caretas,etc.

    ResponderEliminar
  7. Encantoume poder ensinar aos nenos o que traballamos sobre Manuel María e tamen coñecer cousas que non sabia sobre él, ademais de aprender unha canción en lenguaxe de signos. Unha experiencia moi bonita e encantada de volver a repetila outra vez.

    ResponderEliminar
  8. Ter a oportunidade de ir a outros centros,ensinarlles aos máis pequenos e divertirnos con eles é unha experiencia única e, que espero repetir ao largo da miña vida.

    ResponderEliminar
  9. Para o alumnado de 1º foi unha experiencia fantástica. Gustaríanos repetir!!!!!!!

    ResponderEliminar
  10. O traballo feito con ilusión sempre dá bos resultados, e os pequerrechos pasárono ben porque vos viron entregadas a eles. Foi unha experiencia ben bonita, moitas grazas a todos e todas os participantes. E repetiremos, abofé!

    ResponderEliminar