luns, 25 de abril de 2016

Lendo Banda Deseñada galega e máis...

A BD galega atrae moitos lectores e lectoras que foxen das novelas, relatos ou outro tipo de libros máis densos. Por iso propuxemos no noso clube "Libros abertos" unha serie de BDs para descubrirmos o que temos a carón de nós e que descoñecemos por completo, aínda que sabemos de autores e tendencias de BD que se fan a miles de quilómetros de nós.

De Miguelanxo Prado, coruñés universal, A mansión dos Pampín e De profundis.

De Pepe Carreiro, da serie "Os Barbanzóns", A noite do Samaín, Baroña ou morte e A noite das cacharelas.

De Paco Roca, Engurras e María.

E finalmente Cartas de inverno en versión novela gráfica e a novela A viaxe de Gagarin, para os e as incondicionais devoradores de novelas, do noso prolífico Agustín Fernández Paz.



3 comentarios:

  1. A banda deseñada “Engurras”, de Paco Roca, cóntanos a historia de Emilio, un antigo executivo bancario, o cal é internado nunha residencia de persoas maiores.

    Na súa chegada, faise amigo de Miguel, o seu compañeiro de habitación. A historia transcorre lentamente para Emilio, o cal sentía aburrimento pola vida tan rutinaria que levaban dentro do centro. Esta resumíase en sestas, comer e medicamentos.

    Un día, a Emilio mándanlle tomar os mesmos medicamentos que a Modestos, paciente de Alzheimer. Extrañado, Emilio acude á enfermería e lle comunican que ten principios de esta enfermidade.

    Emilio, atemorizado por converterse como Modestos e de acabar no andar de arriba, no cal residen as persoas máis tolas de todo o centro ou os que non poden valerse por si mesmos, decide facer todo o posible para non acabar alí ca axuda do seu inseparable amigo Miguel.

    No libro transcorren plans graciosos dos dous amigos para que os médicos non se decaten do verdadeiro estado de Emilio.

    Penso que é un libro moi especial e interesante que transmite un mensaxe bonito, pero tamén é triste e que te fai reflexionar. Ao ser unha banda deseñanada, é moi fácil e rápido de ler. Recoméndoo plenamente!!

    ResponderEliminar
  2. Alégrame que che gustase, Marina. A min tamén me impresionou moito cando o lin.

    ResponderEliminar
  3. Alégrame que che gustase, Marina. A min tamén me impresionou moito cando o lin.

    ResponderEliminar