Con motivo do Día da Poesía, no club de lectura de bacharelato, Beatriz, Samuel e Claudia entrevistaron o poeta François Davo, profesor de Francés no noso instituto; François explicounos o que significa para el a poesía desde a súa propia experiencia, ensinounos os seus libros e recitou para nós un dos seus poemas.
Aínda que naceu en Le Mans (Francia), leva vivindo na Coruña desde o 2000. Recibiu o premio Esquío de poesía en 1993 coa obra Diario de la lluvia, recentemente traducida ao galego e reeditada en edición bilingüe (Diario da choiva / Diario de la lluvia, ed. Alenta, 2021). Tamén escribiu O inmóbil impaciente (Espiral Maior, 1996), o libro de artista 4 voltas (2014) en colaboración con Tono Galán, e Ónix, abrollar (Espiral Maior, 2018).
Feliz Día internacional da Poesía por moitos anos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario