As reunións do club de lectura de 4º ESO e 1º Bach favorecen o intercambio de opinións, a expresión dos gustos persoais en liberdade e a inesgotable aprendizaxe literaria. Tanto o mundo futurista de Cobiza como a reflexión sobre a identidade de 22 segundos permítennos integrarnos na trama das novelas e sentirnos parte delas. Así mesmo suscitamos o sentido crítico comentando aqueles aspectos que nos parecen mellorables, e... quen sabe? Quizais practicando para cando escribamos as nosas propias novelas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario