Este ano comezamos con novos azos dando a benvida aos sete clubs de lectura do Eusebio.
Nestas datas estamos organizar as xuntanzas, actividades e primeiras lecturas, e en breve mergullarémonos de novo no universo lector. Estes son os nosos clubs:
- 1º ESO, club de lectura en lingua galega, profesora Sabela
Prieto González (Departamento de Lingua Castelá e Literatura). Baixo os
lemas: “Contra toda discriminación” e “Mulleres na nosa historia”.
- 2º ESO, club de lectura en lingua galega, profesoras Vitoria
Sánchez Regueiro (Lingua e Literatura Galegas), Eva Fernández Sieira
(Lingua Castelá e Literatura) e Belén Sotelo García (Xeografía e
Historia). Baixo os lemas: “Contra toda discriminación” e “Mulleres na
nosa historia”.
- 3º ESO, club de lectura en
lingua francesa, profesora Mª José Barreiro López (Lingua Francesa). Baixo
o lema “Au bonheur de lire”.
- 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato, club de lectura en galego, profesora Dulce Fernández Graña
(Lingua e Literatura Galegas). Aberto á participación de adultos,
profesorado, PAS e familias. Baixo o lema “Racha cos prexuízos, proba en
galego”.
- 1º BACH, club de lectura de Ciencias, profesor Manuel Varela Domínguez
(Bioloxía).
- ESO, club de lectura para alumnado con NEE e inmigrante, profesora Maite Reigosa Fernández
(Orientación Educativa).
- 1º e 2º Bacharelato, ciclos FP, ESA (quenda de tarde), club de lectura en lingua francesa e LGBT, profesor François Davo (Lingua Francesa).
Animádevos a vir. Vémonos na biblio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario