domingo, 30 de xuño de 2024

CLUB DE LECTURA DE CIENCIAS


O profesor responsable deste club foi Manuel Varela Domínguez, do Departamento de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Medioambientais.

Nun principio estaban apuntados 56 alumnos da materia de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Medioambientais de 1º de bacharelato, mais só se implicaron realizando as lecturas e facendo a actividade 21 alumnos/as.

A actividade estaba pensada para todo o curso académico para realizar individualmente un comentario da súa lectura, nunha data elixida por cada alumno/a nun recreo. Finalmente tíñase pensada unha posta en común a finais de curso. Cada alumno/a lería dous capítulos do libro A orixe das especies, de Charles Darwin. O capítulo 15, común para todo o alumnado, é un resumo do libro que dá unha visión das ideas, e das probas das mesmas que presenta; logo lerían outro capítulo a elixir, sen repetir un capítulo xa lido por otro alumno ata que se cubrísen todos e se volvese a iniciar a rolda de elección.

Finalmente habería unha posta en común de todo alumnado que fixo a actividade na que se recollerían as ideas e os comentarios, que cada un adquiríu coa súa lectura, pero non foi realizada por falta de tempo, xa que os comentarios foron recollidos ao final do curso.

O libro que se leu foi A orixe das especies por medio da selección natural, 6ª edición. Charles Robert Darwin. Dispoñemos de 10 copias do libro en castelán da editorial Austral e unha copia en galego (editada pola USC). Elaboráronse 21 textos escritos con comentarios dun capítulo, de 21 participantes. Recollen a esencia dos capítulos, algúns con máis acerto e outros dun xeito máis xeral.

Non se puido facer un censo das valoracións individuais e dos pros e contras da lecturas, actividade que pode ser proposta para o futuro. Tampouco se puido realizar unha posta en común da lectura final, como estaba recollido na proposta inicial da actividade por falta de tempo, que de cara ao futuro se terá en conta para a anticipala.

    







      

                                                                                                                                             
                    


                

                                

         


               
             
                                                            

               
               







Ningún comentario:

Publicar un comentario