venres, 8 de abril de 2022

Segunda constelación, Xemelgos... ou xemelgas?

Cos clubs de lectura de 2º, 3º e 4º ESO e 1º e 2º de BACH estamos a traballar na elaboración da segunda constelación literaria, Xemelgos... ou xemelgas? formada por libros contra a discriminación. Polo momento vai indo ben, pouquiño a pouco.

E xa está rematada. Recóllense nela os libros que fomos lendo arredor da temática contra a discriminación, tanto de xénero como social (Senlleiras, Maxina, Persépole, O diario violeta de Carlota, Os nenos da varíola, As malas mulleres, Denébola a Roxa, O libro do mal amor, A cabeza de Medusa, O inferno de Marta, Masculino singularPequena historia da Coruña...). Quedounos moi chula e aprendimos moito.

                                             















Casiopea lista!

Grazas ao traballo dos clubs de lectura da ESO rematamos Casiopea coruñesa, a primeira das nosas constelacións literarias. Quedounos moi ben! Libros como Wolfram, Os nenos da varíola, Pequena historia da Coruña, Jules Verne e o segredo das mulleres planta ou As malas mulleres axudáronnos a coñecer mellor a historia de Galiza e da nosa cidade, A Coruña.