O alumnado de 1º ESO do clube de lectura saíu do instituto o xoves 24 de maio mais non foi moi lonxe; a menos de 50 metros paramos na Galiña Azul, a galescola da Barcala e alí desfrutamos dun bo anaco cos nenos e nenas léndolles contos como Amelia quere un can ou presentándolles os personaxes de Peixes, de María Canosa. Fixemos tamén escenas de teatro, e cantamos cancións como a dos números, de María Fumaça. Pasámolo tan ben que xa nos tarda volver!
luns, 4 de xuño de 2018
luns, 14 de maio de 2018
Ilustrando os textos gañadores do certame literario de Cambre
O alumnado dos IES Afonso X o Sabio e David Buján de Cambre foi convidado a participar no volume que se editará este ano con motivo da XXV edición do seu certame literario, e que recompila os textos gañadores de todas as edicións do mesmo, en poesía e narrativa. Enfocámolo como unha actividade máis do clube de lectura, e moi gustosamente hai quen xa presentou as súas contribucións ilustrativas. Moitas grazas ás primeiras participantes, Paula Quintás e Candela Novo, de 1º B de Bacharelato, así como a Anxo Boutureira de 1º C de Bacharelato.
Este curso BD e ilustración en galego!
Este ano retomamos o blogue como canle para dar conta dos nosos avances polo camiño da BD e mais a ilustración en galego. Falemos primeiro da BD: están a publicarse traballos moi bos, tanto en BD autóctona como traducida, e o alumnado interésase moito por estes volumes.
Entre as BDs galegas, Os lobos de Moeche, de Manel Cráneo é un interesante retrato gráfico sobre as revoltas irmandiñas na Galiza dos séculos XIV-XV.
Entre as BDs galegas, Os lobos de Moeche, de Manel Cráneo é un interesante retrato gráfico sobre as revoltas irmandiñas na Galiza dos séculos XIV-XV.
Tamén imos completando a colección do noso veciño Miguelanxo Prado con novos (e algúns vellos) títulos, como o xa mítico Trazo de xiz, De profundis ou Ardalén, da serie mariña do ilustrados, auténticas xoias poéticas e visuais.
E tamén dispomos de estupendas traducións sobre temas de preocupante actualidade, como se pode ver en Palestina, Persépole, Maus ou Os cinco narradores de Bagdad.
E por último temos tamén dúas obras de Paco Roca de moita altura humana, historias cheas de sentimento e empatía, para comprender mellor a problemática de quen nos rodea, María e mais eu e Engurras.
É a vosa quenda, membros do clube de lectura en galego Libros Abertos. As opinións sobre os libros son benvidas, xa sabedes que podedes comentar libremente sobre calquera deles.